HISTORIA DO FREIXO
10 km
3 – 3,5 h aprox.
Moderada
Porto do Freixo (fronte a lonxa)
Circular
Descrición
É unha visita á parroquia de San Xoán de Sabardes, unha das de máis importancia histórica do municipio de Outes pola súa situación estratéxica e a importancia histórica do seu porto. A visita parte do porto, para despois de pasar preto da ubicación do Castro de Mosteiro saír desta aldea cara Esteiro polo chamado Camiño Real, para iniciar a subida ao Jurujú. Dende aquí poderase divisar unha paisaxe espectacular da ría.
Dirixirémonos cara a Devesa de Estiro para despois de camiñar polo entorno do Rego do Rial ata Cernadas, desfrutar dunha parte do Camiño de Santiago que descorre pola zona, camiñando cara os petróflifos de Fontemoureira, a onde se chega por un sendeiro tradicional que che traslada a outro tempo. Continuarase cara o entorno que conforman as ruinas da Capela e fonte de San Benito, un lugar onde a historia entra en equilibrio coa natureza que a rodea.
Antes de rematar no porto do Freixo, o percorrido pasará por un dos puntos de máis interese histórico local, o conxunto que conforma a igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes e a casa Reitoral.
Punto de encontro: Náutico do Freixo
RECOMENDACIÓNS
- Levar auga
- Calzado axeitado
ELEMENTOS DE INTERESE
- Porto do Freixo
- Ubicación Castro de Mosteiro
- Tramo Camiño de Santiago
- Petróglifos de Fontemoureira
- Capela de San Benito
- Igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes
PERFIL
10€
por persona
Fecha de inicio
10/07/2021
Localización
Outes
Descripción