HISTORIA DO FREIXO

Lonxitude:
7,5 km
Duración:
2 – 2,5 h aprox.
Dificultade:
Moderada
Punto de encontro:
Porto do Freixo (fronte a lonxa)
Tipo de recorrido:
Circular

Descrición

É unha visita a parroquia de San Xoán de Sabardes, unha das de máis importancia histórica do municipio de Outes pola súa situación estratéxica e a importancia histórica do seu porto. A visita parte do porto, para despois de pasar preto da ubicación do Castro de Mosteiro sair desta aldea cara Esteiro polo chamado Camiño Real, bordeando o alto do Jurujú. Dende aquí poderanse divisar a paisaxe que conforma a parroquia de Esteiro e parte da ría, co seu garda Monte Louro ao fondo.

Percorrendo a paisaxe que debuxan estes montes, terase a oportunidade de desfrutar dunha parte do Camiño de Santiago que descorre pola zona, camiñando cara os petróflifos de Fontemoureira, a onde se chega por un sendeiro tradicional que che traslada a outro tempo. Continuarase cara o entorno que conforman as ruinas da Capela e fonte de San Benito, un lugar onde a historia entra en equilibrio coa natureza que a rodea.

Antes de rematar no porto do Freixo, o percorrido pasará por un dos puntos de máis interese histórico local, o conxunto que conforma a igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes e a casa Reitoral.

Punto de encontro: porto do Freixo (fronte a lonxa)

RECOMENDACIÓNS

  • Levar auga
  • Calzado axeitado
  • Mascarilla

ELEMENTOS DE INTERESE

  • Porto do Freixo
  • Ubicación Castro de Mosteiro
  • Tramo Camiño de Santiago
  • Petróglifos de Fontemoureira
  • Capela de San Benito
  • Igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes

PERFIL

15€

por persona

Fecha de inicio

10/07/2021

Localización

Outes

Descripción

É unha visita a parroquia de San Xoán de Sabardes, unha das de máis importancia histórica do municipio de Outes pola súa situación estratéxica e a importancia histórica do seu porto. A visita parte do porto, para despois de pasar preto da ubicación do Castro de Mosteiro sair desta aldea cara Esteiro polo chamado Camiño Real, bordeando o alto do Jurujú. Dende aquí poderanse divisar a paisaxe que conforma a parroquia de Esteiro e parte da ría, co seu garda Monte Louro ao fondo.

Percorrendo a paisaxe que debuxan estes montes, terase a oportunidade de desfrutar dunha parte do Camiño de Santiago que descorre pola zona, camiñando cara os petróflifos de Fontemoureira, a onde se chega por un sendeiro tradicional que che traslada a outro tempo. Continuarase cara o entorno que conforman as ruinas da Capela e fonte de San Benito, un lugar onde a historia entra en equilibrio coa natureza que a rodea.

Antes de rematar no porto do Freixo, o percorrido pasará por un dos puntos de máis interese histórico local, o conxunto que conforma a igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes e a casa Reitoral.

Punto de encontro: porto do Freixo (fronte a lonxa)

GALERÍA

OTRAS RUTAS RELACIONADAS

Sistelo: el pequeño Tibet portugués
Río Eo, Oscos y Terras de Burón
Camiño do Norte: Trabada-Mondoñedo | Camino de Santiago en 10 rutas