Sobre nós
Misión
A nosa misión é dar a coñecer, divulgar e poñer en valor o patrimonio e historia locais, permitindo tanto á poboación local coma aos visitantes desfrutar destes mediante visitas acompañadas.
Centrámonos no fomento e revalorización do patrimonio local. Ao ser nativos, residentes e con formación e coñecemento patrimonial e turístico a interacción cos usuarios e clientes aporta autenticidade á experiencia.
Ao tempo que complementamos e diversificamos a oferta turística do destino.
Visión e valores
O noso soño é converternos nun axente de referencia no entanto da divulgación e revalorización do patrimonio local entre os visitantes e poboación local, aportando o noso gran de area na recuperación de aspectos patrimoniais en proceso de desaparición.
Somos unha empresa que cre na ruralidade e no equilibrio territorial, totalmente convencidos da importancia da autenticidade local e do papel que esta pode ter na conformación de produtos turísticos que incidan na dinamización social e económica local.
Os valores que definen a alma da empresa e as actividades que se realizan son ruralidade, equilibrio territorial, valoración do local versus global, autenticidade, sostibilidade. Cremos que hai que potenciar o valor do local, entendemos a aldea global dende a localidade.
servizo personalizado
As nosas actividades en forma de oferta de visitas guiadas interpretadas teñen dúas variantes principais:
- Visitas calendarizadas garantizadas: visitas onde se garante a saída independentemente das persoas que acudan (prezo ofertado)
- Visitas á carta predeseñadas: pódese contratar a visita que se considere dentro das predeseñadas, aportando flexibilidade horaria, en función de dispoñibilidade (terán un suplemento sobre o prezo ofertado)
O prezo das visitas para os nenos con idades entre 6 e 12 anos (ambos inclusive) será a metade do ofertado
Para visitas en grupo (a partir de 8 persoas) existen tarifas especiais
**Non todas as visitas son aptas para nenos