TORRE DOS MOUROS E FERVENZAS DE SAN PAIO
7 km
2 – 2,5 h aprox.
Moderada
Aparcamento Igrexa de San Lourenzo
Circular
Descrición
É unha visita á parroquia de San Lourenzo de Matasueiro. Partindo da Igrexa parroquial, para a continuación visitar a Torre dos Mouros, unha antiga torre de vixiancia datada a inicios do século XV e que dominaba o val do Tins e os camiños que por el descorrían. Dende aquí continuárase polo antigo camiño tradicional que subía cara a Santa Baia de Chacín pola beira do río Tins e as brañas de baixo da Famelga, tamén chamada Agra de Baixo. Dende esta aldea cruzárase a estrada para ir por un sendeiro de monte ata o rego do Lobo, detrás da capela de San Paio, para crúzalo e adentrarse na máxica Carballeira de San Paio.
Neste entorno podérase ver a antiga central hidroeléctrica propiedade dos Outón da Serra e que funcionou ata finais dos 60 dándolle servizo aos veciños das aldeas colindantes. Dende esta continúase pola beira do río San Paio ata as fervenzas que conforman os rego do Vao das Casas, río do Couto, rego de Gosende, Gosolfre xerando un entorno único, xa no concello de Mazaricos. Á volta visitárase a Capela de San Paio e a fonte á que se lle atribúen propiedades curativas. A partir de aquí volvérase polo mesmo camiño de subida, para rematar na Igrexa parroquial, onde finalizará a visita.
Punto de encontro: Igrexa parroquial de San Lourenzo de Matasueiro
RECOMENDACIÓNS
- Levar auga para
- Calzado axeitado
ELEMENTOS DE INTERESE
- Torre dos Mouros
- Igrexa de San Lourenzo de Matasueiro
- Camiño tradicional cara Santa Baia
- Conformación río Tins na confluencia do San Paio, Santa Baia e Santa Locaia
- Capela e fonte de San Paio
- Central hidroeléctrica
- Carballeira de San Paio
- Fervenzas de San Paio
PERFIL
10€
por persona
Fecha de inicio
10/07/2021
Localización
Outes
Description