MONTE E MAR EN SAN COSME
9 km
2,5 – 3 h aprox.
Moderada
Aparcamento Igrexa de San Cosme de Outeiro
Circular
Descrición
É unha visita pola parroquia de San Cosme que aglutina paisaxes forestais, agrarias e marítimas, a través das cales se mostra a importancia que este equilibrio tivo noutros tempos nesta parroquia. Saíndo do aparcamento da igrexa parroquial de San Cosme de Outeiro adentrámonos nunha paisaxe forestal, desfrutando dun sendeiro que atravesa o monte máis recoñecido da parroquia para saír do mesmo en dirección á Barquiña.
A visita permitirá desfrutar dun entorno natural mesturado con restos do patrimonio cultural en forma de ruínas de varios talleres de Carpintería de Ribeira, así coma o epicentro da paisaxe agrícola da parroquia en tempos antergos e que definiu incluso á maneira de nomear aos seus habitantes. A experienciacontinua por un sendeiro costeiro con vistas á Ría de Muros e Noia, para desviarnos do mesmo para volver ao punto de inicio.
Punto de encontro: Igrexa parroquial de San Cosme de Outeiro
RECOMENDACIÓNS
- Levar auga
- Calzado axeitado
ELEMENTOS DE INTERESE
- Igrexa parroquial de San Cosme de Outeiro
- Taller carpintería de ribeira “Pepito Farei”
- Porto antigo da Barquiña
- Monte da Meixoada e ensenada da Boghalleira
- Restos de talleres de carpintería de ribeira
- Punta Requeixo e antiga canteira de Requeixo
PERFIL
10€
por persona
Fecha de inicio
10/07/2021
Localización
Outes
Description