HISTORIA E PAISAXES NO VAL DE CARLEO

Lonxitude:
10 km
Duración:
3 – 3,5 h aprox.
Dificultade:
Alta
Punto de encontro:
Capela do Socorro de Mirás
Tipo de recorrido:
Circular

Descrición

É unha visita á parroquia de San Pedro de Outes que comeza ao pé da ermida do Socorro de Mirás, onde é famosa a romaría, que se celebra o primeiro domingo de setembro. Iniciárase o percorrido pola parte norte ou cabeceira do val, pasando polo nacemento do río Bendimón preto da aldea de Lucil, dende onde se pode observar a paisaxe agrogandeira e forestal que conforma o val.

Visitárase o alto da Vaqueira, unha altiplanicie onde abundan os prados verde intenso adicados á herba para o gando vacún presente na zona. Un dos elementos máis interesantes da visita é o cruce onde se ergue o cruceiro de Baneo, punto nuclear na antiga rede de camiños tradicionais que cruzaban a Vaqueira, comunicando as aldeas do val de Carleo con Outes. Baixárase por Carleo de Arriba ata o val, cruzando o río Bendimón onde se situaba o antigo castro de Carleo, para comezar a subir cara a Carballa da Cova para visitar os petróglifos que existen na carballeira que lle da nome a aldea. Continuárase camiño cara a Mirás, pasando moi preto da ubicación do antigo castro de Mirás, a medio camiño entre esta aldea e o castro de Carleo, para rematar o percorrido na ermida do Socorro.

Punto de encontro: capela do Socorro de Mirás

RECOMENDACIÓNS

  • Levar auga
  • Calzado axeitado

ELEMENTOS DE INTERESE

  • Capela do Socorro de Mirás
  • Ubicación Castro de Mirás
  • Alto da Vaqueira
  • Cruceiro de Baneo
  • Ubicación Castro de Carleo
  • Petróglifos da Carballa da Cova
  • Paisaxe Val de Carleo

PERFIL

10€

por persona

Fecha de inicio

10/07/2021

Localización

Outes

Descripción

É unha visita á parroquia de San Pedro de Outes que comeza ao pé da ermida do Socorro de Mirás, onde é famosa a romaría, que se celebra o primeiro domingo de setembro. Iniciárase o percorrido pola parte norte ou cabeceira do val, pasando polo nacemento do río Bendimón preto da aldea de Lucil, dende onde se pode observar a paisaxe agrogandeira e forestal que conforma o val.

Visitárase o alto da Vaqueira, unha altiplanicie onde abundan os prados verde intenso adicados á herba para o gando vacún presente na zona. Un dos elementos máis interesantes da visita é o cruce onde se ergue o cruceiro de Baneo, punto nuclear na antiga rede de camiños tradicionais que cruzaban a Vaqueira, comunicando as aldeas do val de Carleo con Outes. Baixárase por Carleo de Arriba ata o val, cruzando o río Bendimón onde se situaba o antigo castro de Carleo, para comezar a subir cara a Carballa da Cova para visitar os petróglifos que existen na carballeira que lle da nome a aldea. Continuárase camiño cara a Mirás, pasando moi preto da ubicación do antigo castro de Mirás, a medio camiño entre esta aldea e o castro de Carleo, para rematar o percorrido na ermida do Socorro.

Punto de encontro: capela do Socorro de Mirás

GALERÍA

OTRAS RUTAS RELACIONADAS

Sistelo: el pequeño Tibet portugués
Río Eo, Oscos y Terras de Burón
Camiño do Norte: Trabada-Mondoñedo | Camino de Santiago en 10 rutas