Descripción
É unha visita á parroquia de San Pedro de Outes figura unha viaxe no tempo polo antigo camiño tradicional que en tempos antergos conectaba Brión de Arriba e Outes. Este camiño, cuxo trazado pasa polo medio da aldea, sae da mesma polo monte do Carboeiro coincidindo co trazado do Camiño de Santiago nunha parte do percorrido.
Ao chegar a Outes, a visita convértese nunha visita ás orixes do municipio, xa que aquí atópase o berce do mesmo. Visitárase a fonte de Outes antes de pasar pola ubicación do antigo castelo de Outes, elemento nuclear na conformación do municipio. Neste punto podérase desfrutar da situación privilexiada e estratéxica do enclave, podendo observar o val do Tins e as aldeas que o conforman.
A visita continua cara Outes, a onde se entrará por un antigo camiño tradicional para pasar polo cruceiro do Canle e polo conxunto patrimonial que confroma a Igrexa parroquial de San Pedro de Outes e a casa reitoral. A partir deste punto volverase cara o punto de partida en Brión de Arriba polo mesmo camiño tradicional polo que se ascendeu.
Punto de encontro: praza Brión de Arriba