Descripción
É unha visita á parroquia de San Pedro de Outes que se converte nunha visita ás orixes do municipio, xa que aquí atópase o berce do mesmo. A ruta parte preto do conxunto patrimonial que conforma a igrexa parroquial e a casa reitoral na aldea de Outes. Saírase de Outes pola fonte, unha das máis grandes do municipio, para visitar a ubicación do antigo castelo de Outes, situado no pico do mesmo nome, polo que era o principal aceso de entrada ao elemento nuclear na conformación do municipio. Neste punto poderase desfrutar da situación privilexiada e estratéxica do enclave, podendo observar o val do Tins e as aldeas que o conforman.
Dende aquí iniciarase o descenso ata Outes, a onde se entrará por un antigo camiño tradicional para pasar polo cruceiro da aldea antes de rematar o percorrido no lugar de inicio.
Punto de encontro: aparcamento Igrexa parroquial San Pedro de Outes